Benvidos ao enderezo web da Asociación de Clases Abertas! Se queres sabelo todo sobre as nosas actividades, as clases impartidas e máis os nosos horarios, preme en A.Cl.Abe informa. Se queres coñecernos máis a fondo non dubides á hora de visitar o apartado Sobre nós, e en caso de querer poñerte en contacto connosco só tes que pasarte pola páxina de Contacto. Disfruta!

Eventos

Como asociación que aboga pola cultura e polo activismo nos intereses estudiantís, A.Cl.Abe tamén tomou e seguirá tomando parte en todo tipo de eventos e actos que buscan a reivindicación de determinados elementos culturais. Deixamos por aquí algúns deles!

12 de diciembre de 2012: Yo conozco mi herencia
Facultade de Filoloxía, Santiago de Compostela

Coa intención de poñer de manifesto que o grao en filoloxía clásica camiñaba pola corda frouxa, os alumnos do mesmo, tanto de grao coma de licenciatura, uníronse á iniciativa de carácter nacional Yo conozco mi herencia. E para darlle un aire máis orixinal, representaron unha sesión do Senado no vestíbulo da facultade, facendo da figura histórica Catilina un guiño ao ministro de educación do momento.

El Correo Gallego: Yo acuso del "Senado" de Filología Clásica a Wert, por Fernando Franjo

23 de abril de 2013: Recital, Tódolos graos teñen dereito a existir
Praza Cervantes, Santiago de Compostela

Ante o perigo que corrían os graos de filoloxía clásica e linguas e literatura galegas, alumnos de ambas titulacións citáronse na praza de Cervantes no día do libro para recitar textos das súas respectivas especialidades e dar a coñecer aos viandantes a situación que estaban a vivir.




23 de abril de 2015: Dies Librorum
Facultade de Filoloxía, Santiago de Compostela

Nun intento de instaurar unha tradición, os alumnos de filoloxía clásica optaron por celebrar o día do libro cunha xornada clásica ao cen por cen: dentro das instalaciones da facultade, levaron a cabo obradoiros de caligrafía romana, de xogos tradicionais, un recital aberto ao público e incluso a adaptación dun coñecido xogo de rol para explicar algúns dos detalles da mitoloxía grega. 

Noticias do departamento de Latín e Grego da USC: I Xornada Clásica: Dies Librorum


No hay comentarios:

Publicar un comentario