Benvidos ao enderezo web da Asociación de Clases Abertas! Se queres sabelo todo sobre as nosas actividades, as clases impartidas e máis os nosos horarios, preme en A.Cl.Abe informa. Se queres coñecernos máis a fondo non dubides á hora de visitar o apartado Sobre nós, e en caso de querer poñerte en contacto connosco só tes que pasarte pola páxina de Contacto. Disfruta!

Sobre nós

Sobre Nós

A asociación A.CL.Abe imparte clases totalmente gratuitas e abertas a calquera tipo de público na facultade de Filoloxía da USC grazas ao apoio da sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) e do Decanato de dita facultade. As materias son impartidas por estudantes e outros voluntarios de xeito totalmente altruista, e con variacións mínimas entre curso e curso van dende as linguas clásicas - latín e grego por bandeira - ata as linguas modernas - italiano, francés, alemán, inglés, ucraniano e ruso -, e diversos obradoiros como o de expresión oral e escrita. Ademáis, como innovación do curso 2014/2015 e en adiante, incluíuse o español para estranxeiros en busca de ofertar unha materia de interese para todo o alumnado Erasmus, Séneca ou semellante. O noso obxectivo é aportar unha visión completamente distinta do ensino destas linguas diluíndo a barreira entre o alumno e profesor e proporcionando a ambos unha experiencia divertida, enriquecedora e perfecta para iniciar ou complementar calquera campo dos ofertados.

Os inicios

Esta asociación naceu hai uns anos coa idea revolucionaria de dous alumnos de intentar cambiar o método de ensino e aprendizaxe das linguas clásicas. Dende este momento o seu avance foi imparable, non centrándose exclusivamente no núcleo das linguas clásicas senón tamén expandindo os seus horizontes cara as linguas modernas. Durante o curso 2013/2014, co cambio de directiva, a asociación sufríu un cambio de imaxe que o levou a rexurdir e retomar as súas andaduras polas redes sociais, froito do cal nace esta páxina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario